Escoitar

O Halo e a fachada da antiga estación tínguense de rosa polo Día Mundial contra o Cancro de Mama

Para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama o Concello iluminará de cor rosa, de forma simultánea, o HALO e a fachada da antiga estación ferroviaria. Abel Caballero adiantou este venres que Vigo suma así a súa "voz e actitude de proximidade" cara ás mulleres que padeceron e padecen esta enfermidade, "demandando máis investigación, atención, e todo o que sexa preciso para a prevención".

venres, 18 out 2024

Caballero adiantou que mañá, sábado 19 de outubro, iluminaranse de rosa de xeito simultáneo e por primeira vez o HALO e  a fachada da antiga estación do ferrocarril, un acto co que Vigo se suma á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro de Mama.

"Os dous xuntos, que representan a modernidade e a antiga e centenaria fachada de pedra" serven para lanzar "a nosa mensaxe de ánimo e proximidade a todas as mulleres que teñen cancro de mama, un abrazo ás que o tiveron e, para quen faleceu, que permanecerán no noso recordo a través da iluminación de rosa dos dous grandes monumentos da cidade de Vigo", afirmou o alcalde.

Descargar todas as imaxes