O rexedor saudou aos asistentes ao Metrocuadrado Real Estate Summit
O museo MARCO de Vigo acolleu esta mañá o Metrocuadrado Real Estate Summit, un evento de gran relevancia do sector inmobiliario. Abel Caballero achegouse ao evento que contou coa participación dos principais actores do mercado inmobiliario a nivel nacional, incluíndo inversores, promotores e expertos del sector. Un dos temas que abordados foi “Arquitectura para a rexeneración urbana”, un ámbito no que o Concello de Vigo tivo un papel destacado, con proxectos como Vialia e o Halo, que revitalizaron unha parte significativa da cidade.
Descargar todas as imaxes