O ámbito de Montana, en Alcabre, contará cun terzo de vivenda protexida
O alcalde anunciou esta mañá un paso máis no desenvolvemento do ámbito de Montana, en Alcabre, que acollerá a construción de 43 vivendas protexidas das que un terzo estarán sometidas a réxime de protección.
A Xunta de Goberno aprobará mañá a xunta de compensación do Peri de Montana, en Alcabre, o que supón avanzar na ordenación dun total de 19.302 metros cadrados, dos que máis da cuarta parte, un total de 5.163 metros, destínanse a zonas verdes, parques, xardíns e áreas de xogo; outros 9.579 acollerán a construción de 43 vivendas unifamiliares encostadas, tanto vivendas libres como protexidas; e 3.854 resérvanse para os novos viais. Ademais, a zona contará con 106 prazas de aparcamento, das que 86 serán para residentes e 20 para uso público.
O rexedor destacou a reserva dun importante número de metros cadrados para vivenda protexida, preto de 2.000 metros cadrados, o que supón un terzo do total.
Caballero indicou que a zona verde e os equipamento públicos situaranse fronte á Avenida Atlántida e á parroquia de Alcabre, creando un conxunto de espazos públicos concentrados na contorna de la Iglesia e próximo á asociación de veciños.