Escoitar

As fontes da rúa Aragón ilumínanse de azul e branco polo Día Nacional do Uruguai

O Concello de Vigo conmemorará o 199º Aniversario da Declaración Nacional de Independencia do Uruguai, iluminando as fontes da rúa Aragón. As mesmas tinguiranse coas cores da súa bandeira, azul e branco, durante as noites do sábado 24 e o domingo 25 de agosto. Deste xeito homenaxease así o feito ocorrido en 1825, no que o Congreso da Florida, integrado por representantes dos cabildos dos pobos da Provincia Oriental proclamaban a súa independencia do Imperio do Brasil.

venres, 23 ago 2024
Descargar todas as imaxes