Escoitar

Curiosidades Solita pecha a edición de 2024 con “Other Game”

Este venres, 23 de agosto, finaliza a programación de Curiosidades Solita, unha edición que contou con 8 concertos de grupos novos e artistas con “referencias musicais diferenciais”, apuntou o alcalde.

xoves, 22 ago 2024

O ciclo deste verán remata co concerto de Other Game, un grupo de mozos vigueses versiona cancións de rock e heavy de todos os tempos de formacións como Nirvana, Metallica ou Muse, á vez que ofrecen o seu repertorio de temas de creación propia. O recital será mañá venres ás 21:00 horas.

Nun verán de “tanta actividade cultural e lúdica” na cidade, apuntou Caballero, a programación municipal de Villa Solita permitiu que o público se achegara a propostas musicais de diferentes estilos: pop, rock, jazz, metal, punk e funky nunha contorna privilexiada como é este espazo recuperado polo Concello en Alcabre.

Descargar todas as imaxes