Escoitar

O Concello convoca 91 prazas das ofertas de emprego público de 2020, 2021 e 2022

A Xunta de Goberno Local dará luz verde mañá venres ás bases específicas e á convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes en diferentes postos municipais.

xoves, 22 ago 2024

Abel Caballero avanzou este xoves a aprobación dunha nova convocatoria de procesos selectivos para cubrir 91 prazas vacantes: 14 son de promoción interna e 77 de acceso libre. Do total da oferta, 16 das prazas están reservadas para persoas con diversidade funcional.

Tal e como informou o rexedor as prazas ofertadas son as que seguen: Oficial coidador/mantemento/control de Vigo Nature, Oficial instalacións municipais, Oficial instalacións IMD, Oficial albanel, ferreiro, pavimentador, condutor e desinfector; Sarxento extinción incendios, Cabo extinción incendios, Técnico Administración xeral, Administrativo Administración xeral, Auxiliar Administración xeral, Oficial sepultureiro, mantemento, almaceneiro; Axudante de oficios, Diplomado en Traballo Social, Técnico de xestión, Subalterno, Operario peón e Alguacil notificador.

Unha vez que quede aprobada a convocatoria, abrirase o prazo de alegacións e, posteriormente, será publicada a convocatoria no Boletín Oficial do Estado abríndose o prazo de inscrición na Oferta de Emprego Público dos anos 2020, 2021 e 2022.

Descargar todas as imaxes