Aberto o prazo para a inscrición nos cursos de capacitación dixital
O alcalde anunciou que xa está aberto o prazo para a inscrición nos cursos gratuítos de capacitación dixital dirixidos a persoas que carezan de coñecementos básicos. O programa está financiado cos fondos europeos Next Generation EU a través del Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. A inscrición se realiza a través dun formulario na web municipal.
Xa está aberto o prazo para inscribirse nos cursos municipais gratuítos de capacitación dixital. Abel Caballero deu conta do programa formativo, dirixido a persoas que carezan de coñecementos básicos de informática, que ten unha duración de 30 horas e comeza a primeira edición o 29 de xullo. O curso desenvolverase no Centro de Capacitación Dixital na rúa Arquitecto Pérez Bellas. A inscrición pode facerse a través do formulario na web municipal www.vigo.org
A programación consta de 6 itinerarios e o obxectivo é que as persoas rematen o curso teñan competencias no uso e configuración de dispositivos móbiles, xestión de ferramentas de comunicación, instalación do certificado dixital e tramitación coa administración de xeito telemático, así como a protección de dispositivos e privacidade.
A formación está financiada con 24.500 euros proveñentes dos fondos europeos Next Generation EU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.