Escoitar

O Concello aboou 38 millóns de euros a 1.363 provedores no primeiro semestre do ano

A administración local paga aos provedores nun prazo medio de 7,45 días. “A cidade de España que máis pronto paga ás empresas que prestan servizos”, afirmou o alcalde.

martes, 9 xul 2024

O Concello de Vigo aboou no mes de xuño 12.000.000 de euros aos provedores da administración local nun prazo medio de 7,45 días. Abel Caballero di que “Vigo ten a mellor xestión económica de España”, e comparouno cos pagos que fai a empresa privada, en torno aos 60 días de pago medio, ou outros concellos, “que algúns pagan en 200 días ás empresas”.

O alcalde fixo balance do primeiro semestre, no que o goberno local pagou 38.000.000 euros a 1.363 provedores. “Vigo é a cidade que máis pronto paga ás empresas que prestan servizos”, sentenciou.

Descargar todas as imaxes