Escoitar

O alcalde solicita un Pleno para que o PP explique a súa oposición ao teito de gasto

Abel Caballero lamenta o voto en contra do Partido Popular no Senado, con maioría absoluta, aos obxectivos de estabilidade orzamentaria presentados polo Goberno de España e cifra en 18 millóns de euros as perdas do presuposto de Vigo por esta cuestión.

mércores, 6 mar 2024

O alcalde anunciou a convocatoria dun Pleno Extraordinario para que o Partido Popular explique o seu voto en contra aos Obxectivos de Estabilidade Orzamentaria presentados polo Goberno de España. Abel Caballero lamentou que o PP faga valer a súa maioría absoluta “e que as comunidades autónomas perdan 1.500 millóns e os concellos 3.500 millóns”. O rexedor cifrou en 18 millóns o importe que Vigo deixará de percibir co sentido do voto do Grupo Popular.

“Isto é máis que as ramplas da Gran Vía ou o Halo, unha cantidade importantísima para investimentos en Vigo”, lamentou o alcalde, que “quere censurar a actitude do Partido Popular deixando a Vigo sen 18 millóns de euros por razóns puramente políticas”.

Para Caballero a convocatoria do Pleno Extraordinario “situará ao PP de Vigo e de Galicia, que espera que censuren o sentido do voto no Senado” aínda que “algunhas persoas que votan en contra séntanse no Pleno de Vigo, que o expliquen”.

Descargar todas as imaxes