Escoitar

O Paseo de Bouzas e as Galerías do Castro recoñecidas nos premios Gran de Area do COAG

Abel Caballero louvou estes recoñecementos por parte do Colexio de Arquitectos de Galicia ás obras “excepcionais e de éxito” que o goberno local desenvolveu ao longo de 2023.

mércores, 29 nov 2023

Abel Caballero deu conta dos premios outorgados por parte do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a dous obras acometidas polo goberno local. O Paseo de Bouzas e as Galerías do Castro foron galardoadas nos premios Gran de Area de Achega á Arquitectura 2023.

Para o alcalde estes premios son moi importantes, o Paseo de Bouzas “porque está a ter un éxito espectacular” e as Galerías do Castro “porque tamén son unha obra excepcional, cun 100% de ocupación en todas as visitas”.

Segundo destaca o fallo do xurado, do Paseo de Bouzas prémiase a rexeneración dunha fronte marítima deteriorada que recupera a esencia do lugar aplicando diferentes solucións estratéxicas, achegando enerxía e vida ao lugar, potenciando os valores naturais do litoral, a protección do patrimonio e a conexión directa e accesible dos veciños da cidade ao mar.

Das Galerías do Castro prémiase a singularidade da intervención, que transforma o angosto espazo dunhas galerías defensivas nun espectacular percorrido museístico sen apenas intervir sobre o existente.

Descargar todas as imaxes