Escoitar

Vigo acolle o acto central do Día da Constitución

A cidade será o lugar elixido para conmemorar o acto central do Goberno en Galicia o Día da Constitución, que será organizado conxuntamente pola Delegación do Goberno e o Concello. Así o avanzou este xoves Abel Caballero ao anunciar que a vicerreitora da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama, será a autora do bando municipal.

xoves, 23 nov 2023
Imaxe panorámica de Vigo
Imaxe panorámica de Vigo

O alcalde explicou que o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, será o escenario, a partir das 12 da mañá do día 5 de decembro, do acto organizado coa Delegación do Goberno en Galicia para celebrar o Día da Constitución.


A vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama Santomé, será a autora do bando municipal, segundo anunciou este xoves o rexedor. Licenciada en Xornalismo e doutora en Publicidade e Relacións Públicas e vicerreitora desde 2018, “trátase dunha muller cunha traxectoria destacada e extraordinaria”, remarcou Caballero ao presentar á encargada de elaborar o bando conmemorativo.

Descargar todas as imaxes