Vigo dará comezo ao Nadal o venres 24 de novembro ás 20 horas
O alcalde anunciou que Vigo acenderá os 11,5 millóns de luces led nun acto na Porta do Sol o venres 24 de setembro ás 20 horas. O goberno local alumeará 450 rúas con máis de 6.000 estruturas, 4.000 arcos e motivos, 3.000 árbores e 56 elementos de gran tamaño. Abel Caballero dará comezo ao “Nadal en todo o mundo” cando o cronómetro situado no farol de Urzáiz chegue a 0, cun espectáculo de luz e son na árbore, que este ano mide 44 metros. O Nadal esténdese por toda a cidade con elementos 3D decorativos en Teixugueiras, Gregorio Espino, Bouzas, Praza Independencia e Progreso.