Escoitar

Os hoteis prevén alcanzar o 100% de ocupación no mes de decembro

A chamada do Nadal de Vigo consolida o rexistro dos mellores datos de ocupación hostaleira da cidade, con decembro ao cento por cento, así como da afluencia de turistas como constata o Instituto Nacional de Estatística, INE. Este escenario foi debuxado este xoves por Abel Caballero, a un día do acendido das luces do Nadal.

xoves, 23 nov 2023
Abel Caballeno no acendido das luces do Nadal
Abel Caballeno no acendido das luces do Nadal

O alcalde apuntou que esta fin de semana os hoteis de Vigo alcanzarán o cento por cento de ocupación, repetindo a situación que xa se deu o anterior. “Todas as fins de semana no mes de decembro hai un cento por cento de ocupación garantida”, asegurou ao indicar que esta situación xa se estende ao resto da semana. “Por tanto, imos ter un Nadal excepcional, e cunha afluencia de visitantes e con recursos que quedan en Vigo absolutamente extraordinarias”.

Entre os datos apuntados polo rexedor tamén destacan as últimas estatísticas publicadas polo INE onde se constata que o pasado mes de outubro a cidade bateu récord de visitantes desde que existen rexistros deste organismo. “Os datos do INE seguen confirmando a evolución de Vigo, en outubro volvemos bater datos record de viaxeiros nacionais e internacionais”, afirmou.

Descargar todas as imaxes