Abel Caballero inaugura a última fase da humanización da rúa Aragón
O rexedor sinalou que “completamos a humanización de toda a rúa cunha inversión de 7.350.000 euros”.
A última fase da humanización comprende un tramo de 310 metros de rúa, desde o número 185 de Aragón ata o cruce con Travesía Rosais, cun importe de máis de 623.000 euros.
Realizouse a pavimentación en beirarrúas e a renovación de redes de saneamento e abastecemento e coa incorporación dunha nova rede de iluminación. A maiores deseñáronse novas zonas axardinadas con novo mobiliario urbano. Caballero explicitou que con esta humanización, a rúa Aragón “convértese nun gran vía urbana, chea de vexetación e esculturas”.
O alcalde tamén expuxo que “van a moi bo ritmo” as obras do Vigo Vertical que está a desenvolver o goberno local na zona, co ascensor desde Travesía á igrexa de Santo Cura de Ars e posteriormente unha rampla ata Aragón, cun importe ambas actuacións de 1.600.000 euros.