Escoitar

O Concello inaugurará o mércores a primeira fase das obras de mellora na Avenida Clara Campoamor

Abel Caballero avanza que este mércores se inaugurará a primeira fase das obras executadas na Avenida Clara Campoamor nas que o goberno local investiu 423.182 euros. A segunda fase comenzará "de xeito inmediato".

luns, 9 out 2023
Avenida Clara Campoamor
Avenida Clara Campoamor

O alcalde avanzou que o mércores inaugurará a obra da Avenida Clara Campoamor. Explicaou que as obras abarcan o tramo entre Camiño Canotais, desde a rotonda principal de acceso ao Álvaro Cunqueiro, ata a rotonda da VG20. A obra comprende melloras nun total de 515 metros da marxe dereita e de 460 metros no esquerdo. Abel Caballero lembra que se trata dunha intervención "que debía asumir a Xunta de Galicia e que como non ha fixo, facémola nós”.

O rexedor indica que as obras conlevan a construción de novas beirarrúas, ademais da instalación de nova luminaria, a renovación das redes de abastecemento e saneamento de auga, así como novos semáforos, entre outras novas dotacións. “É unha forma de entender a Avenida de de Clara Campoamor”, afirmou.

A humanización mellora a seguridade viaria dos peóns e dos vehículos, xa que se crean novas beirarrúas nos tramos de maior concorrencia de peóns. Ademais, dótase de zonas de embarque e desembarque seguras ás paradas de autobús e créanse dous pasos de peóns regulados por semáforo.

O alcalde apuntou que de forma inmediata procederase a iniciar as obras da segunda fase, entre Camiño Canotais ata Ramiro Pascual, na rotonda da baixada de Beade.

Descargar todas as imaxes