Escoitar

O alcalde destaca o labor docente na formación en valores do alumnado

Abel Caballero achegouse este luns á Escola de Maxisterio CEU Vigo onde participou na entrega de diplomas ao alumnado do curso de mediadores en prevención de adiccións para estudantes de Maxisterio, que foi impartido coa colaboración do Concello e a asociación Érguete. O rexedor trasladoulle ao alumnado que cursou esta formación a importancia do seu labor á hora de inculcar valores desde a docencia.

luns, 17 abr 2023
O alcalde e a directora da Escola durante a entrega dos diplomas ao alumnado
O alcalde e a directora da Escola durante a entrega dos diplomas ao alumnado
Descargar todas as imaxes