Abel Caballero presenta a nova maquinaria eléctrica do servizo de limpeza
Trátase dunha mostra de 7 vehículos, dos 29 previstos neste servizo, entre os que se atopan baldeadoras, varredoras e hidrolimpadoras. A maiores incorporaranse 65 carriños eléctricos autopropulsados para limpeza viaria.
O alcalde sinala que o obxectivo é “facer unha cidade máis sostible, con redución de emisións C02, e principalmente unha cidade máis limpa”.
A nova maquinaria eléctrica incorpora as últimas innovacións nos servizos de limpeza, recollida e contenerización. En concreto, trátase de 7 vehículos, dos 29 previstos no servizo de limpeza, entre os que se atopan baldeadoras, varredoras e hidrolimpadoras, que ademais de contribuír á redución de emisións de CO2, permiten mitigar a contaminación acústica, grazas aos seus baixos niveis de ruído. A mostra da nova maquinaria inclúe:
- Unha baldeadora de beirarrúas 100% eléctrica, con capacidade para 1.500 litros, con bomba de alta presión a través das barras de baldeo, capaz de arrincar os residuos que se atopen adheridos ao pavimento, con gran facilidade.
- Unha baldeadora, con dimensións extremadamente reducidas e compactas ideal para calquera tipo de superficies e contextos urbanos. 100% eléctrica
- Unha varredora cun sistema de pulverización que ofrece un control de po mellorado á vez que reduce o consumo de auga, empregando un 70% menos que outras técnicas tradicionais de control de po. 100% eléctrica.
- Unha furgoneta de inspección 100% eléctrica.
- Dúas varredoras de beirarrúas 100% eléctricas.
- Un novo triciclo eléctrico con hidrolimpiadora con sistema de autopropulsión e marcha atrás e con pistola pulverizadora de auga a presión.
Como novidade, tamén se presentaron os 10 primeiros carriños eléctricos autopropulsados, do total de 65 que se incorporarán proximamente ao servizo de limpeza, que son de dúas tipoloxías. Un tipo para o varrido manual e limpeza viaria e outro adaptado ao baldeo manual. En ambos casos, son con apoio eléctrico, batería incluída e dispoñen dunha autonomía para unha xornada laboral. Esta nova maquinaria ven a complementar os seis triciclos de limpeza presentados no mes de febreiro e xa están despregados por diferentes barrios da cidade.