Escoitar

Abel Caballero. “Animo a todos os alumnos de 3º da ESO a que se anoten ao ‘Vigo en Inglés 2023’”

A Xunta de Goberno Local aproborá este venres as bases e a convocatoria para a adxudicación das prazas. Segundo explicou o alcalde, serán un total de 925 prazas para que os estudantes vigueses da ESO viaxen a Inglaterra e Irlanda.

xoves, 2 mar 2023

 

O vindeiro luns 6 de marzo abrirase o prazo para solicitar a participación no programa. Así, ata o venres 17 de marzo todos os alumnos de 3º da ESO que cumpran os requisitos poderán inscribirse no rexistro do Concello ou a través do rexistro electrónico, para lograr unha beca e viaxar a Reino Unido ou Irlanda durante tres semanas en réxime de integración co alumnado nativo.

Entre os requisitos a cumprimentar esta: cursar 3º da ESO nun centro educativo do Concello de Vigo sostido con fondos públicos; ter aprobadas todas as materias de 2º da ESO; lograr un mínimo dun 7 na materia de inglés e estar empadroado na cidade. As estadías realizaranse preferentemente entre a segunda quincena de setembro e ao longo do mes de outubro de 2023.

Como explicou Abel Caballero, cada unha das 925 prazas “inclúe unha estancia de 3 semanas no Reino Unido ou Irlanda ; os gastos de viaxe de ida e volta; o acompañamento por monitores trilingües; unha matrícula nun curso intensivo de mellora en lingua inglesa; todas as actividades de lecer, culturais e deportivas extracurriculares; o aloxamento en réxime de pensión completa cunha familia anfitrioa e os gastos de transporte urbano”.

Escola Oficial de Idiomas

O rexedor tamén informou que a mediados do mes de abril ábrese o prazo de solicitudes das bolsas da Escola Oficial de Idiomas, que conta cun importe de 175.000 euros. Son un total de 100 bolsas, coas que os alumnos poderán mellorar as súas habilidades no idioma que están a estudar, viaxando a: Reino Unido e Irlanda; Francia; Alemaña e Austria Italia; Portugal; Xapón e Taiwan.

Descargar todas as imaxes