Escoitar

O Concello renova con 24.000 euros o convenio para a ludoteca de APAMP

O goberno local deu luz verde á renovación do convenio de colaboración coa ludoteca de APAMP á que aporta 24.500 euros. Caballero deu conta, ademais, da concesión de 716 axudas de emerxencia no que vai de ano o que beneficiou a 2.000 persoas.

venres, 17 feb 2023
Foto de arquivo dunha reunión con responsables de APAMP.
Foto de arquivo dunha reunión con responsables de APAMP.

A Xunta de Goberno aprobou o convenio coa Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) para o desenvolvemento dun programa de dinamización infantil e xuvenil. Cun importe de 24.500 euros, os usuarios das instalacións da rúa Sagunto 86 poderán seguir realizando actividades de dinamización infantil e xuvenil en 2023 nun espazo que, ademais, conta zonas axardinadas ao aire libre.

Axudas de emerxencia

En rolda de prensa, o alcalde tamén deu conta da celebración de dúas comisións de axudas de emerxencia no mes de febreiro. Neste última, convocada o 14 de febreiro, concedéronse 146 achegas por importe de 35.000 euros. Concretamente, outorgáronse 36 axudes de alugueiro; 6 de aloxamento; 10 facturas de auga; 36 facturas de luz; 46 de alimentación, ademais doutros gastos de farmacia ou óptica.

Caballero aclarou que desde que comezou o ano xa se concederon 716 axudas que beneficiaron a máis de 2.000 persoas. Ademais, estas achegas con compatibles coa Risga e co Ingreso Mínimo Vital.

Descargar todas as imaxes