Escoitar

Comezan os actos da Semana Azul de Medio Ambiente

A Concellería de Medio Ambiente organiza uns actos co nome Semana Azul cos que finaliza a tempada de praias e mediante os que se quere agradecer e recoñecer todas as accións dirixidas a preservación do medio, ben sexa, dunha forma individual e anónima, ou mediante colectivos (representados polas agrupacións, asociacións, voluntarios ou escolares).

xoves, 11 set 2003
1063284405bandera_azul.jpg
Bandeira azul 2003
A conservación dos espacios litorais é un dos elementos básicos para a consecución da Bandeira Azul e a posta en valor de que o que é noso é de todos.

Mediante a realización dunha serie de actos simbólicos nos que participan varios colectivos darase a coñecer en cada un dos areais de Bandeira Azul, diferentes actividades relacionadas coa concienciación e sensibilización ambiental.

O reto desta Semana Azul é amosar e pór en valor o noso litoral xa que para a súa conservación é moi importante o seu coñecemento e divulgación.
Descargar todas as imaxes

Máis información