Bouzas acolle as probas do Triatlón Cidade de Vigo
A concellería de Deportes presentou hoxe enrolda de prensa a celebración do XVII Triatlón Cidade de Vigo que terá lugar o vindeiro domingo día 14 nos arredores da praia de Bouzas. A proba está organizada polo Club Triatlón Vigo e autorizada pola Federación Galega de Triatlón.
Esta acción deportiva comezará a partir das once da mañá do domingo cun percorrido de 750 metros de natación para continuar con 20 km. de ciclismo e rematar con 5 km. de carreira a pe. A zona de boxes estará no aparcamento xunto o campo de fútbol do Rápido de Bouzas.
A proba de ciclismo será de seis voltas a un circuito de 3,5km. que transcurre pola circunvalación de Bouzas a Castrelos. O sector de carreira a pe será polo paseo marítimo.
Para esta edición está prevista a participación de 150 deportitas.Xerardo Davila, presidente da Club Triatlón de Vigo, destacou que desde o seus inicios esta proba a veñen gañando triatletas que ben xa eran internacionais ou que ó poco tempo chegaron selo, como foron nos seus inicios Carlos Santamaría e José Juan Ayet ( campións de España nas dúas primeiras edicións), Carlos Brito e Fernando Damas ( campións de Portugal). Noutras edicións participaron David Castro, internacional por España; Javier Gómez Noya, campión de Europa Júnior, e Iván Raña, bicampión de Europa e campión do Mundo e que é o último gañador do Cidade de Vigo de Triatlón.
Descargar todas as imaxes