Escoitar

O goberno municipal reclamará ás enerxéticas se non atenden á cidadanía no cambio de tarifa

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor está a dispor de particulares e comunidades de propietarios para axudarlles na reclamación do cambio de tarifa de gas do mercado libre á regulada.

luns, 7 nov 2022

O alcalde recomenda aos cidadáns afectados pola imposibilidade de cambiar a tarifa do gas de mercado libre ao mercado regulado que acudan en última instancia á Oficina Municipal de Información ao Consumidor.

O OMIC tramitará, logo do procedemento estipulado, unha nova reclamación segundo proceda. Abel Caballero explicou que, primeiro, os afectados deben intentar mudar a súa tarifa de xeito telemático, telefónico ou presencial. No caso de non ser posible, solicitar unha folla de reclamacións na oficina da compañía e esperar 30 días para obter resposta. En caso de non facelo, poden solicitar cita na OMIC para darlle un impulso á súa demanda, que debe ser resolta con carácter retroactivo desde a súa solicitude do cambio de tarifa, tal e como estipula a Ley.

Descargar todas as imaxes