Escoitar

Vigo prevé utilizar auga da EDAR do Lagares para fregar as rúas que requiran

O alcalde avanzou esta mañá que se solicitará a Augas de Galicia a utilización de auga da depuradora, “xerando un aforro adicional entre 130.000 e 350.000 m³”.

venres, 19 ago 2022

 

Dende o Concello de Vigo solicitarase a Augas de Galicia a utilización de auga provinte da EDAR do Lagares para “fregar rúas que o necesiten” por diversos motivos, como sinalou o rexedor, aclarando que “non se trata de baldeos”.

Esta medida é coherente có disposto no “Plan Especial da Seca da Demarcación Hidrolóxica Galicia Costa” (DOG 01-07-2022) que prevé que en situacións de seca prolongada ou escaseza conxuntural unha dás posibles medidas a implantar sexa a: “Valoración da disposición e situación para mellorar a oferta, a partir da reutilización das augas residuais nos abastecementos urbanos”.

Na actualidade, a auga que sae da depuradora tras o proceso de filtración ten dous destinos: Por un lado canalizase cara a ría e por outro, tras a pertinente autorización no 2019, acumúlase en depósitos para posteriormente utilizar nos procesos industriais e para o baldeo e regadío na propia parcela da EDAR.

Prevendo escenarios deste estilo, o ente vigués, xa incluíu este tipo de medidas entre as exixidas no novo contrato de limpeza, que se firmou en maio deste ano. Esta medida estimase que permitiría un aforro adicional de entre 130.000 y 350.000 m³ de consumo de auga o ano.

 

 

 

Descargar todas as imaxes