Escoitar

O goberno local adica 3 millóns de euros ao mantemento da iluminación viaria

A Xunta de Goberno aprobou a licitación do contrato de mantemento da iluminación viaria cun custo anual de 3 millóns aproximadamente. Ademais, o goberno local xa está a mellorar a eficiencia do sistema de alumeado público coa renovación de 4.000 puntos de luz e un orzamento de 2,1 millóns.

luns, 2 mai 2022

O alcalde de conta da licitación do servizo de mantemento integral das instalacións electromecánicas e de iluminación pública viaria do Concello. Cun contrato de 3 millóns anuais, vanse atender as seguintes instalacións: alumeado público (43.588 puntos de luz e 737 cadros de mando); instalacións electromecánicas asociadas aos túneles; pasos inferiores e galerías de servizos; fontes ornamentais (Aragón, Bicentenario, Plaza América, Gran Vía-Baleares, Rosalía de Castro-Serafín Avendaño, etc. ); instalacións enerxías renovables e instalacións eléctricas: centro de transformación, pantallas led ...etc.

En rolda de prensa, o alcalde detallou as labores habituais incluídas no contrato: limpeza e pintado de cadros, columnas e luminarias; xestión informática das instalacións; control enerxético das instalacións eléctricas, de forma que se reduzan ao mínimo os consumos; posta a disposición dos cidadáns un teléfono de atención 24 horas para trasladar incidencias e poder subsanar eventuais deficiencias na rede (900333365).

Renovación instalacións

Nestes momentos o Concello xa está a executar a primeira fase da renovación das instalacións de iluminación exterior, baixo criterios de aforro e eficiencia enerxética, o que permitirá unha importante redución do consumo eléctrico substituíndo o equipamento actual por luminarias de maior rendemento e coa instalación de equipos electrónicos de regulación e control. Trátase dunha inversión de máis de 2,1 millóns de euros para instalar 4.000 novas luminarias de maior rendemento e moito menor consumo.

Descargar todas as imaxes