Escoitar

O Concello incrementa a súa achega ás festas de Bouzas

Abel Caballero mantivo unha xuntanza con representantes da Confraría de Bouzas, que organiza as festas do barrio vigués. O Concello incrementará dos 18.000 aos 50.000 euros a achega para a celebración das festas do Cristo dos Aflixidos. Deste xeito, as festas súmanse á programación de festividades de Vigo para que goce toda a cidadanía.

luns, 2 mai 2022
Abel Caballero e o concelleiro de Festas e Participación Cidadá, Pablo Estévez, coa Confraría de Bouzas
Abel Caballero e o concelleiro de Festas e Participación Cidadá, Pablo Estévez, coa Confraría de Bouzas
Descargar todas as imaxes