Escoitar

O goberno municipal, cun orzamento de 100.000 euros, garante o apoio económico ao Vigo Sea Fest

O alcalde reuniuse este martes cos responsables de ARVI, organizadora dun evento que se celebrará do 7 ao 10 de xullo, e asegurou a cooperación municipal a un certame que empraza ao peixe como “hábito alimenticio san, pero tamén como recurso económico importantísimo na cidade”.

martes, 12 abr 2022
O alcalde na xuntanza coa directiva de ARVI
O alcalde na xuntanza coa directiva de ARVI

En declaracións aos medios, Abel Caballero manifestou que “estamos dispostos a cooperar, como sempre fixemos” cun evento, o Vigo Sea Fest, que presenta unha dobre vertente de interese para a cidade: o peixe como hábito de consumo saudable e como actividade económica de importancia na cidade.

Como acontece con O Marisquiño, afirmou o alcalde, “seremos, coma sempre, os principais financiadores” deste festival organizado pola Cooperativa de Armadores de Pesca e que terá lugar entre o 7 e o 10 de xullo. Ao efecto, o Concello de Vigo incluíu unha partida económica de 100.000 euros nos orzamentos deste ano para o evento. “Todo o que se fai en Vigo, os financiadores somos o Concello e agora nos últimos anos tamén a Deputación”, concluíu.

Descargar todas as imaxes