Escoitar

O boneco de neve chegará este ano aos 13 metros de altura e súmase ao circuíto de Nadal

O alcalde anunciou en rolda de prensa que o novo emprazamento será en García Barbón na esquina coa rúa Pontevedra.

xoves, 11 nov 2021
Abel Caballero e o edil Ángel Rivas na instalación do boneco de neve
Abel Caballero e o edil Ángel Rivas na instalación do boneco de neve

O Nadal de Vigo segue sumando elementos luminosos e característicos destas datas. Abel Caballero anunciou en rolda de prensa que o boneco de neve “medrou 3 metros”, chegando así ata os 13 metros de altura. O rexedor sinalou como novidades o chapeu e a vasoira con luces led de colores. Tamén confirmou na rolda de prensa o novo emprazamento, que será en García Barbón esquina coa rúa Pontevedra.

O alcalde explicou que segue o xardín vexetal tradicional ao redor do boneco e poderase atravesar por dentro. Esta nova incorporación súmase ao circuíto no que se inclúe a árbore en Policarpo Sanz, a caixa regalo de Gran Vía, a bola de Urzáiz e o Cíes Market na Alameda con atraccións.


Caballero tamén puxo de manifesto que xa está instalada a caseta de Papá Noel, que estase a traballar nos xardíns efémeros, hoxe a noite comenzará a instalación do castelo luminoso en Policarpo Sanz na confluencia con Velázquez Moreno, mañá comezará a instalación da árbore fronte ao Teatro García Barbón, segue a instalación da noria, a rampla de neve e esta noite incorpórase tamén o carrusel na Porta do Sol, de dous andares e de estilo veneciano. Tamén haberá outro na rúa Concepción Areal.

Descargar todas as imaxes