Escoitar

A Xunta de Goberno aprobou proxecto de canalización das augas pluviais no entorno da rúa Paz Pardo

alcalde explicou que as obras arranxarán o problema das escorrentías que baixan desde a A-55 e desde o Parque Comercial A Gandariña, que discorren libremente polo sistema viario e propiedades privadas.

xoves, 11 nov 2021

A Xunta de Goberno local aprobou o proxecto de encauzamento das escorrentías superficiais no entorno da rúa Paz Pardo cun importe de 238.876 euros e un prazo de execución de 3 meses. Abel Caballero explicou en rolda de prensa que o sistema de circulación das aguas na zona é en superficie polo que moitas veces, cando chove, a auga supón un problema para os veciños e veciñas.

Deste xeito, o Concello actuará na rúa Paz Pardo, Subida a Monte Castelo e no colector da estrada vella de Madrid incrementando a capacidade de recollida das augas pluviais. O rexedor tamén explicou que construirase un novo colector de canalización, cos seus pozos e conexións. “Os veciños poderán durmir tranquilos”, declarou.

Noutro orden de cousas, a Xunta de Goberno adxudicou 40.000 euros aos equipos masculino e feminino do R.C. Celta de Vigo de Atletismo. Caballero definiu como obxectivos contribuír á vida saudable, ao deporte e a imaxe deportiva. Tamén deu conta das subvencións para festas tradicionais e patronais e o desenvolvemento de actividades socioculturales do ano 2021. Son cerca de 60.000 euros para 23 entidades culturais, parroquiais e recreativas que organizan 31 festas e actividades. Ademais, o rexedor puxo de manifesto a subvención á Asociación Cultura Vértixe, cun importe de 7.000 euros, para a organización do IX Vértixe Sonora: “Puxémolo en marcha cando cheguei á Alcaldía”, dixo.

Descargar todas as imaxes