Escoitar

O Ministerio de Transportes comprométese a insonorizar a entrada da AP9 en Vigo

O alcalde trasladou este xoves o compromiso adquirido coa cidade polo secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez Torrón, atendendo a esta “demanda tan importante da cidade”.

xoves, 11 nov 2021
O rexedor durante a súa comparecencia en rolda de prensa
O rexedor durante a súa comparecencia en rolda de prensa

Abel Caballero explicou que logo da publicación no BOE do trámite de información pública do proxecto de instalación de pantallas acústicas na AP9 no tramo comprendido entre a ponte de Rande e o inicio de Vigo, mantivo unha conversa telefónica con Sergio Vázquez Torrón na que lle manifestou que era “imprescindible e moi conveniente que esas pantallas de insonorización chegasen ata o centro da cidade”, dado que a maior concentración poboacional está en Vigo. Asía a insonorización debe comprender todo o percorrido da autoestrada en Teis, a parte traseira de Travesía de Vigo ou as torres.

Segundo informou o rexedor en rolda de prensa, o secretario xeral de Infraestruturas “compartiu enteiramente esta opinión e acordamos que sería deste xeito” comprometéndose a que as pantallas de insonorización acústica da AP9 cheguen ata o centro de Vigo cubrindo o resto do traxecto desde Chapela, nun proxecto que será financiado con fondos europeos.

O proxecto que vén de publicarse “era antigo”, sinalou Caballero, da etapa de ampliación da ponte de Rando e quixo agradecer a Sergio Vázquez Torrón a súa “sensibilidade e compromiso coa cidade ante esta demanda tan importante e relevante á que dixo que si inmediatamente” estendendo o agradecemento á Ministra de Transportes, cuxo departamento avala esta decisión.

Descargar todas as imaxes