O edil de Facenda defende no pleno a xestión de pago a provedores “de xeito eficiente e eficaz”
Aneiros destacou que o concello segue á cabeza dos prontos pagos a provedores, “non só en Galicia, se non en todo o Estado”
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, rendeu contas no pleno da corporación municipal sobre os datos do segundo trimestre do pago a provedores. Aneiros defendeu “o control e rexistro dos ingresos e gastos de forma eficiente e eficaz”. Segundo explicou, o Concello paga aos provedores en 8,87 días segundo o último dato oficial do segundo trimestre. Foron cerca de 1.429 os pagos realizados por un importe de 31.571.288 euros.
O edil amosou o seu orgullo por “seguir á cabeza nos prontos pagos á provedores, non só en Galicia, se non en todo o Estado” o que significa “rebaixar as tensións da tesourería que teñen as PEMES e reactivar a economía”, explicou
Desde a oposición, o Partido Popular criticou ao goberno por “traballar pouco” e apuntaron que non se está a executar o orzamento. No Grupo Mixto criticou os pagos ás empresas concesionarias que “lo non cumpren cos pregos”. Pola súa banda, o concelleiro non adscrito pediu axilizar ás transferencias ao tecido social da cidade.
Aneiros puxo de manifesto “a transparencia na xestión e os pagos” e criticou á Xunta “que non ten datos de 2021 na súa web”. Ademais, defendeu que Vigo é das cidades con menor presión fiscal de España: “Por cada 500 euros de presión fiscal, 880 euros de inversión”, dixo. Tamén insistiu na legalidade para outorgar subvencións ao tecido social “fronte ás actuacións da Xunta ás 12 da noite”.
Execución orzamentaria
O responsable de Facenda tamén compareceu na sesión para dar conta da execución orzamentaria a día de hoxe. Aneiros cifrou en 90.900.000 millóns a execución do orzamento na cidade olívica.
Segundo explicou, se está a executar “un gran volume de recursos públicos para mellorar á cidade”
A oposición criticou en bloque que non se está a executar o orzamento e falaron de “falla de execución estrutural.”