Escoitar

Francisco Vázquez eloxia a xestión de Caballero por situar a Vigo na vangarda

Abel Caballero e Francisco Vázquez mantiveron hoxe un encontro para falar de cuestións vencelladas coa FEMP. En declaracións aos medios, o ex rexedor de A Coruña louvou o cambio experimentado pola cidade nos últimos anos “agora é na Coruña onde se fala do alcalde de Vigo”.

martes, 13 abr 2021

O ex presidente da FEMP, Francisco Vázquez, explicou que aproveitou a súa visita ao Concello para felicitar a Abel Caballero pola transformación de Vigo, “aínda que non fai falta que explique nada porque sempre mantiven en política que a única estadística é a das urnas e aquí lle dan todo ao apoio ao alcalde”. Logo de manter un encontro para abordar cuestións relativas á Federación Española de Municipios e Provincias, o que fora alcalde de A Coruña recoñeceu que “é unha cousa marabillosa vir a Vigo e ver o cambio que tivo a cidade, converténdose na vangarda de Galicia”.

Francisco Vázquez resaltou ademais o feito de que Caballero presida a FEMP porque permite dar “proxección á cidade” máis alá da capacidade dunha urbe de 300.000 habitantes. Os vigueses teñen un alcalde -proseguiu – con peso, personalidade, recoñecemento e prestixio no ámbito nacional o que abre as portas ao Concello e ás actividades económicas e empresariais.

Descargar todas as imaxes