Escoitar

O Concello amplía horario de peonalización nas rúas do centro o 24 e 25 de decembro

O alcalde explicou este martes en rolda de prensa que o goberno municipal quere dar prioridade á mobilidade das persoas fronte ao tráfico rodado nestes días de movemento por mor das festas do Nadal, polo que amplía as horas de peche de varias rúas do centro.

martes, 22 dec 2020

O Concello manterá a circulación de vehículos cortada en varias rúas do centro desde las 17 horas do xoves 24 e ata as 23 horas do venres 25 de decembro de forma continuada, cando ata agora o plan de mobilidade contemplaba o peche entre as 17 e as 23 horas.

Con estas medidas especiais de tráfico e seguridade, o goberno municipal quere facilitar a mobilidade cidadá e o mantemento da distancia de seguridade na rúa “priorizando os peóns” sobre o tráfico rodado, “unha cultura que estamos establecendo no Nadal pero que imos establecer a partir de agora”, apuntou Abel Caballero.

Ademais, explicou que, en función da evolución do tráfico, a Policía Local irá xestionando as necesidades circulatorias, especialmente no caso da Gran Vía.

O Plan de Mobilidade do Concello para o Nadal inclúe cortes de tráfico nas seguintes rúas: Paseo de Alfonso XII, Elduayen e Porta do Sol (obras), Policarpo Sanz, Darío Álvarez Blázquez, Reconquista, entre Marques de Valadares e Policarpo Sanz, Velázquez Moreno, entre Príncipe e Marqués de Valadares, Colón, Urzáiz, entre Gran Vía e Colón, Gran Vía ascendente entre Urzáiz e María Berdiales, Hernán Cortés, entre Urzáiz e María Berdiales, Dr. Cadaval, desde López de Neira ata Porta do Sol, Uruguay, desde Cervantes ata Gravina.

Ademais, establece cambios na circulación normal: a rúa Colón será uso exclusivo de residentes, aparcadoiro e transporte público. A rúa de Velázquez Moreno entre as de Marqués de Valadares e Policarpo Sanz cambia o sentido de circulación cara á de Policarpo Sanz, establécese sentido de circulación da rúa Uruguai cara á rúa de Cervantes dende a rúa de Gravina, e rúa de Cervantes manterá un só carril aberto para uso exclusivo de residentes, aparcadoiro e transporte público, ábrese carril pegado o bulevar e en sentido ascendente na Av. de Gran Vía entre as rúas Urzaiz e Brasil para uso exclusivo do autobús urbano e establécese dobre sentido de circulación para residentes na rúa de Hernán Cortés entre as de María Berdiales e Urzáiz.

O Concello recomenda os seguintes desvíos de tráfico: os túneles de Areal-Beiramar para aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal. Avenida Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo. A saída pola rúa de Isaac Peral aos vehículos procedentes da autoestrada AP9 e a Avenida de Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para os vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar.