O alcalde avanza que a caixa de regalo de Nadal conxugará música e luz
Abel Caballero achegouse este mércores a presenciar os traballos de montaxe da grande caixa de agasallo no cruce da Gran Vía con Urzáiz e apuntou que i protocolo de prevención da Covid-19 formará “parte intrínseca” de todo o que se instale.
O rexedor informou do desenvolvemento “ao ritmo previsto” da instalación da iluminación navideña na cidade polo que prevé que estea rematada “en tempo”. Este mércores, Caballero visitou os traballos de montaxe da gran caixa de regalo situada na Gran Vía con Urzáiz, “un dos grandes adornos” do Nadal vigués que mide 17 metros metros de altura, 10 metros de ancho e 9 de fondo e que permite circular no seu interior.
A caixa de regalo incorpora este ano como novidade unha tecnoloxía que permite que o conxunto de luces led que a conforman se combine electronicamente coa música. Unha vez rematada a colocación da caixa, o goberno municipal realizará unha proba técnica para comprobar o seu funcionamento.
Amais, o alcalde deu conta da publicación este mércores no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra das bases que rexerán o outorgamento da autorización administrativa para a xestión e o aproveitamento de localizacións para as actividades de Nadal: o Cíes Market na contorna da Plaza de Compostela.
Segundo explicou, os protocolos de sanidade Covid-19 “forman parte intrínseca de todo o que se instale” na cidade, sendo a seguridade unha prioridade do Concello. O orzamento total de 472.000 euros inclúe as casetas, servizo hixiénicos, pérgola, iluminación, arborado, sinaléctica, seguridade e fío musical. A empresa que asuma a xestión deberá aboar esa cantidade nunha combinación “público-privada conveniente con custe cero para o Concello”.