O Concello de Vigo apoia a celebración do Día Mundial do Alzheimer con mesas informativas e unha conferencia no Auditorio Municipal
Coincidindo co Día Mundial do Alzheimer, que se conmemora este luns 21 de setembro, Vigo acolle diferentes actividades, entre elas unhas mesas informativas no Calvario e nas Travesas, así como unha conferencia, este martes, no Auditorio Municipal.
O alcalde de Vigo, Abel Cablalero, participou este luns na presentación das actividades coas a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga), conmemora o Día Mundial desta doenza. O rexedor destacou a labor do colectivo e ratificou o compromiso do goberno local no traballo que fan coas familias.
Pola súa banda, Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga, fixo fincapé no “compromiso do Concello de Vigo e da sociedade civil coas demencias” e reclamou a esencialidade das persoas maiores, as familias coidadoras e os servizos de atención. Así, apuntou que na situación actual de crise sanitaria é esencial atender ás familias que teñen unha persoa con demencia en casa.
Este luns, Afaga dispón de mesas informativas desde as 10:30 ata as 14:00 horas na zona peonil do Calvario (fronte ao mercado) e na Praza de América. Ademais, mañá martes (19:30 horas), o Auditorio Municipal acolle a conferencia “Covid e persoas con alzhéimer: consecuencias da pandemia”, impartida por María José moreno, neuróloga do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e Águeda Rojo, coordinadora da Unidade de Psicoxeriatría da Área Sanitaria de Vigo.