O goberno de Vigo licitará un novo tramo de 3 km de paseo do río Lagares a finais deste ano
O paseo do Lagares sumará un novo tramo – entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid – que es estenderá ao longo de 3,2 quilómetros e contará cun orzamento de 800.000 euros. O expediente de expropiación das 96 fincas afectadas recibirá luz verde definitiva o próximo martes e antes de final de ano, licitarase o proxecto construtivo.
A Xerencia de Urbanismo aprobará definitivamente o próximo martes o Proxecto de expropiación por taxación conxunta para execución da senda fluvial no río Lagares (tramo entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid). Cun orzamento de 430.000 euros, o Concello expropiará 96 parcelas de zonas colindantes co río co obxectivo de dar continuidade ás sendas que na actualidade acompañan o curso do Lagares e que se rehabilitarán no seu conxunto nesta lexislatura, segundo explicou Abel Caballero.
O orzamento é de 800.000 euros aproximadamente e a zona afectada é de 3.261 lineais, o que supón o 18,4% dos 17,7 km do río. Tal e como precisou o rexedor, o proxecto incorpora un estudio ambiental de todo o trazado, coa plantación de 140 árbores de gran porte (carballos e freixos), ademais da recuperación da biodiversidade das marxes e espazos fluviais. Antes de final de ano, licitarase o proxecto construtivo.