Escoitar

O Concello convoca aos colectivos cidadáns para dar a coñecer o Borrador do PXOM

A Xerencia de Urbanismo iniciará a partir da vindeira semana a todos os colectivos cidadáns para presentarlles o borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O alcalde lembrou que o Concello xa enviou o documento á Xunta de Galicia para a súa Avaliación Estratéxica Ambiental.

martes, 8 set 2020

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que o departamento de Urbanismo do Concello iniciará a vindeira semana xuntanzas cos colectivos cidadáns para presentarlles o Borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e recibir suxestións que se poidan incorporar ao documento.

Caballero lembrou que actualmente a tramitación do plan xa está en mans da Xunta de Galicia para a súa Avaliación Estratéxica Ambiental e que o goberno local procederá agora a levar o Borrrador á veciñanza. “Queremos someter o documento ao coñecemento dos cidadáns”, sinalou.

As reunións comenzará o luns, 14 de setembro, e se prolongarán ata mediados de outubro. Todas as xuntanzas levaranse a cabo no auditorio do Verbum, en Samil, con protocolo “anticovid”, polo que estará limitada o número de representantes dos colectivos que serán citados.

A Consellería de Medio Ambiente xa iniciou a tramitación dá Avaliación Estratéxica Ambiental e agora os documentos estarán na súa web durante un prazo de 2 meses para o trámite de consultas con entidades, institucións e cidadáns que desexen presentar achegas sobre este documento ambiental. Con toda esta información, a Consellería ten un máximo de dous meses para elaborar o documento de alcance do Estudo Ambiental Estratéxico e posteriormente o O Concello procederá á aprobación inicial que someterá os informes sectoriais a competencia do Estado.

Calendario de reunións cos colectivos no auditorio do Verbum en Samil (de 18:30 a 21:00 horas):

Luns, 14 de setembro: Lavadores e Pardavila.

Martes, 15: Cabral.

Mércores, 16: Saiáns e Oia.

Xoves, 17: Valadares

Luns, 21: Candeán, Sampaio e San Xoán.

Martes, 22: Castrelos e Sárdoma.

Mércores, 23: Teis.

Xoves, 24: Bembrive.

Luns, 28: Beade.

Martes, 29: Zamáns.

Mércores, 30: Comesaña e Matamá.

Xoves, 1 de outubro: Coruxo.

Luns, 5: Navia.

Martes, 6: Alcabre, Bouzas e San Gregorio.

Mércores, 7: Florida, A Miñoca e Balaídos.

Xoves, 8: Torrecedeira, Camelias, Pi e Margall, Marqués de Valterra e Jacinto Benavente.

Martes, 13: Centro e Casco Vello.

Mércores, 14: Calvario, San Roque e Travesía de Vigo.

Xoves, 15: Coia (San Martiño e Cristo da Vitoria).