Escoitar

O goberno municipal activa este xoves 10 de setembro o plan de tráfico escolar

O rexedor lembra á cidade que os espazos reservados para a entrada e saída do alumnado nas inmediacións dos centros educativos deben quedar libres desde a mañá deste xoves, 10 de setembro.

martes, 8 set 2020

“Prioridade total dos colexios, singularmente en época Covid”, sinalou o rexedor ao lembrar á cidadanía que este xoves, 10 de setembro, co inicio do curso, entra en funcionamento o plan de tráfico escolar polo que queda prohibido o estacionamento nos espazos habilitados para o transporte do alumnado nas inmediacións dos centros educativos.

Caballero advertiu aos automóbiles aparcados en zonas de tráfico dos colexios que deben deixar libres eses espazos e apuntou que os guindastres actuarán cando sexa necesario para facilitar a circulación. “Desde o día 10 pola mañá o espazo está reservado para os centros, para a entrada e saída do alumnado”, lembrou, tal e como contempla o plan de transporte, que quedara parado no mes de marzo coa suspensión das clases por mor da pandemia.