O alcalde eloxia o labor das librerías e dos autores no comezo da Feira do Libro
“Os libros deberían vivir nas rúas” apuntou o rexedor durante o acto de inauguración da XLVI Feira do Libro de Vigo, convidando á cidadanía a que se achegue ás casetas dunha edición que, aínda que con menos representación pode ser un exemplo para o resto de cidades polo que supón na recuperación da cultura e do libro. A escritora María Xosé Queizán leu o pregón da feira que se desenvolverá na rúa do Príncipe dende este 25 de xuño e ata o 4 de xullo.
![Caballero visitando a caseta da Biblioteca Municipal Neira Vilas, presente na feira](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/kgUkmhVz8agDvShhpCDDjMYFAymSsMeGOCH9wEBk.jpeg)