Escoitar

O Concello, premiado polo Plan de integridade da contratación pública

Na décima edición dos Premios CNIS, dentro do Congreso de Innovación e Servizos Públicos a candidatura de Vigo recibiu o premio ao mellor proxecto de adecuación á lei de contratos do sector público.

luns, 9 mar 2020
O alcalde, co premio.
O alcalde, co premio.

O alcalde informou este luns da concesión ao Concello do Premio CNIS ao mellor proxecto de adecuación á lei de contratos do sector público polo “Plan de integridade da contratación pública” polo que, dixo, “somos exemplo en toda España en algo tan importante como a contratación pública”.

Os Premios CNIS, foron entregados a semana pasada dentro do Congreso de Innovación e Servizos Públicos e neles Vigo impúxose nunha das 12 categorías, nunha convocatoria á que se presentaron máis de 100 candidatos.

O galardón recoñece a forma de actuar de Vigo no ámbito da contratación a través dun protocolo aberto, con obxectivos e liñas estratéxicas marcadas, que está dispoñible no Portal de transparencia para tódolos concellos ou entidades públicas que queiran utilizalo. Ademais, supón unha solución innovadora que dá cumprimento á lei e que vai máis alá da mesma, superando as recomendacións da OCDE a nivel internacional e aliñado con obxectivos de desenvolvemento sostible xa que reforza a integridade, a racionalización na contratación pública e a calidade dos servizos públicos.

É un exemplo de liderado político e técnico, a través do comité técnico de integridade creado no Concello onde se incorporan tódolos órganos de decisión municipais.

Descargar todas as imaxes