Escoitar

O goberno local convoca 900 prazas para o programa de inmersión lingüística en inglés

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres as bases e a convocatoria para a adxudicación das prazas para a participación municipal de inmersión lingüística en lingua inglesa. Segundo explicou o alcalde, serán un total de 900 prazas para que os estudantes vigueses da ESO viaxen a Inglaterra e Irlanda.

venres, 6 mar 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

"Estamos educando a xeracións enteiras de mozos e mozas vigueses para que falen inglés”. Así pronunciouse este venres o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras informar dunha nova convocatoria do programa de “Vigo en Inglés” para o alumnado de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres as bases e a convocatoria para a adxudicación das prazas para participar no programa municipal de inmersión en lingua inglesa de alumnado de centros educativos de Vigo sostidos con fondos públicos.

O vindeiro luns 16 de marzo abrirase o prazo para solicitar a participación no programa. Así, ata o luns 30 de marzo todos os alumnos de 3º da ESO que cumpran os requisitos poderán inscribirse no Rexistro do Concello para lograr unha beca e viaxar a Reino Unido ou Irlanda durante tres semanas en réxime de integración co alumnado nativo.

O programa conta con 900 prazas e un orzamento municipal de 2,046 millóns de euros. Está previsto que as viaxes comecen a mediados de setembro para iniciar o curso en centros británicos. O alcalde destacou que a maioría do alumnado viaxa cun custe íntegro sufragado polo Concello.

Más info na web de Vigo en Inglés

Descargar todas as imaxes