Escoitar

Vigo inicia os trámites para aprobar as ordenanzas de comercio e praias sen tabaco

Abel Caballero anunciou este luns que o Concello xa iniciou os trámites para aprobar as ordenanzas de comercios e praias. A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar este xoves a consulta pública para recibir suxestións antes de comezar a redacción dos textos normativos

luns, 24 feb 2020
O alcalde comparece en rolda de prensa
O alcalde comparece en rolda de prensa

 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns en rolda de prensa de que o Concello xa deu os primeiros pasos para aprobar as ordenanzas reguladoras do comercio ambulante e de praias sen fume.

Segundo explicou o rexedor aos medios de comunicación, a Xunta de Goberno Local aprobará este xoves a fase de consulta pública para recibir suxestións durante un prazo de 20 días desde a publicación no Portal de Transparencia do Concello. A continuación, comezará a redacción do textos normativos, que deberá superar unha aprobación inicial, exposición pública para alegacións e aprobación definitiva no Pleno da Corporación Municipal.

Caballero indicou que no caso da Ordenanza Reguladora del Comercio de Vigo ten como obxectivos garantir a seguridade xurídica no exercicio da actividade comercial establecendo un marco regulatorio en materia de abastos e venda ambulante. A norma debe adaptarse á Lei de Comercio e establecer procedementos de adxudicación, dereitos e obrigacións das persoas autorizadas.

Samil e Rodas

Pola súa banda, a Ordenanza de Praias determinará o dominio público marítimo-terrestre dos 56 areais que existen no termo municipal de Vigo. O alcalde explicou que a o Concello garante así a integridade e conservación das praias, adoptando medidas de protección e restauración, tendo en conta os efectos do cambio climático.

“A parte central da ordenanza será protexer a saúde pública dos usuarios e iso implica ter praia libres de fume”, sinalou antes de apuntar que, tal e como decidiuse nunha cuestación popular, os areais elixidos serán Samil e Rodas.

 

Descargar todas as imaxes