Escoitar

Obradoiros e animación infantil no MARCO para o luns de Entroido de Vigo

O Entroido vigués continúa este luns con obradoiros, animación infantil e chocolatada no MARCO. Para mañá, martes, está previsto o concurso de disfraces, tamén ante o museo, e a queima do Meco na Porta do Sol. O mércores será momento do enterro do Meco

luns, 24 feb 2020

A programación do Entroido de Vigo continúa este luns, 24 de febreiro, con obradoiros e animación infantil de 17 a 20h diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e cunha chocolatada infantil ás 18h. O martes 25 haberá concursos de disfraces, tamén ante o MARCO, e a queima do Meco ás 22:30h na Porta do Sol.

O mércores 26 de febreiro celébranse as exequias funerarias solemnes das comparsas e acompañamento da comitiva ás 18h, en Porta do Sol, Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e volta á Porta do Sol. Este será o punto de celebración do enterro do Meco, ás 19:30h, cos oficios laicos, responsos e sermóns, e lectura da acta do xurado e entrega de premios dos concursos de comparsas e carrozas.