Escoitar

Caballero: "Imos defender esta cidade a conciencia contra os ataques de Feijóo"

O Concello vén de recibir unha sentenza que obriga a Vigo a pagar os autobuses dos non empadroados na cidade. A resolución xudicial baséase na Lei 2/2017, de 8 de febreiro, aprobada pola Xunta para obrigar aos vigueses a subvencionar os descontos no transporte urbano a cidadáns doutros municipios.

xoves, 6 feb 2020
Abel Caballero, este xoves, na rolda de prensa no Concello.
Abel Caballero, este xoves, na rolda de prensa no Concello.

O alcalde aclarou en rolda de prensa que a resolución do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo é recurrible, avanzando que o goberno local vai “defender esta cidade a conciencia contra os ataques de Feijóo”. Criticou con dureza a norma na que se basea a sentenza, a Lei 2/2017 de 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (lei de acompañamento aprobada nos orzamentos de 2017). Segundo esta norma, “aprobada contra Vigo e que só se aplica en Vigo”, a cidade ten que pagar os descontos dos usuarios do transporte urbano non empadroados. Na súa opinión, trátase dunha lei “arbitraria que vai contra a autonomía local igual que a que nos obriga a cofinanciar centros de día ou escolas infantís da Xunta”.

Descargar todas as imaxes