O MARCO abre este venres dúas novas exposicións con Jorge Martins e Eduardo Gruber
Abel Caballero avanzou este luns que o Museo de Arte Contemporánea de Vigo retoma o seu su programa expositivo e inaugura dúas mostras individuales dos artistas Jorge Martins e Eduardo Gruber. Ademais, o alcalde informou de que desde o mes de maio ata setembro pasaron máis de 18.000 persoas polo museo vigués.
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) retoma este venres, 27 de setembro, o seu programa expositivo e inaugura dúas mostras individuais que teñen o debuxo e a obra sobre papel como fío condutor. Así o avanzou o alcalde, Abel Caballero, durante a súa comparecencia este luns ante os medios de comunicación, onde informou de que o museo vigués tivo 18.318 visitas desde maio ata setembro.
Por unha banda, as salas frontais da primeira planta do MARCO acollerá a exposición de Jorge Martíns (Lisboa, 1940), artista cunha obra "poética e esencialmente abstracta, en diálogo co mellor debuxo europeo e americano do século XX", tal e como define Óscar Alonso Molina, o comisario da exposición.
No MARCO, xunto a unha coidada selección de debuxos, mostrará en primicia os seus cadernos de apuntes. Durante a exposición tamén se presentará un libro do artista que recolle, por primeira vez, a súa obra literaria. A exposición e a publicación contan co patrocinio da Fundação Carmona e Costa, o Instituto Camões e o MEIAC Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo.
A segunda mostra será a de Eduardo Gruber, situada na Galería 1 e na sala perimetral da primeira planta. Gruber (Santander, 1949) é un artista polifacético que levou a cabo esculturas, intervencións no espazo, instalacións, escenografía (de ópera para Pilar Miró) e publicou varias novelas.
Abel Caballero tamén destacou que as últimas tres exposicións que estiveron abertas no MARCO, entre o mes de maio e setembro, recibiron un total de 18.318 visitantes. Trátase de "DESTACADOS. Colección Telefónica y Colecciones Concello de Vigo" (do 16 de maio ao 15 de setembro), con obras mestras de Juan Gris, Delvaux, Magritte, Picasso o Vázquez Díaz, junto a salas dedicadas a Antoni Tàpies ou Eduardo Chillida; "METRÓPOLE" (do 14 de xuño ao 15 de setembro), última exposición individual dedicada a Xosé Luís Otero, e "ESPAZO EN ESPERA" (do 19 ao 22 de setembro), dirixida por A Artística.