Escoitar

O Goberno central distingue a Vigo como Cidade da Ciencia e Innovación 2018

Vigo vén de recibir a distinción de Cidade da Ciencia e Innovación de mans do ministro Pedro Duque nunha cerimonia organizada onte xoves en Castellón. Este premio recoñece o desenvolvemento de Vigo como smart city, ademais de colocala á cabeza das cidades en I+D.

venres, 20 set 2019
1568983824ciencia.JPG
O ministro Pedro Duque entregou onte xoves ao Concello de Vigo a distinción como Cidade da Ciencia e da Innovación 2018, no transcurso dun acto no que tamén se recoñeceu a Barcelona e Castellón, dentro da categoría das grandes cidades. Este premio, explicou, recoñece o desenvolvemento de Vigo como smart city así como outros proxectos de investigación sobre o automóbil autónomo, a rede semafórica ou a administración electrónica. Caballero avanzou que esta distinción sitúa a Vigo á cabeza das cidades en ciencia e innovación.
Descargar todas as imaxes