Escoitar

O alcalde salienta os 80 millóns de inversión nova do orzamento de Zona Franca para 2020

Abel Caballero e David Regades deron conta do proxecto de presupostos de Zona Franca para o vindeiro exercicio aprobou o Pleno este martes. "Somos entidades cooperativas que buscamos o crecemento económico deste territorio", apunta o rexedor.

martes, 30 xul 2019
1564503308zf.jpg
Durante a presentación do proxecto de orzamentos do Consorcio da Zona Franca de Vigo para o ano 2020, o alcalde e o delegado do Estado en Zona Franca, David Regades, detallaron algúns dos investimentos que contempla a entidade para o novo exercicio coa máxima de "consolidar a fortaleza da economía da cidade e do territorio".

Abel Caballero destacou que con 80 millóns de euros de inversión en activos fixos "non hai precedentes dun volume de investimento novo nun ano que iguale o que pasa nestes momentos. Significa unha nova dimensión para a cidade e para Zona Franca. É algo inédito, insólito e descoñecido" e implica unha "mobilización de recursos en proxectos sólidos, estudados e cunha evidente rendibilidade para a cidade". Felicitou a David Regades polo traballo ao longo deste ano no que a Zona Franca "cambiou enteiramente a súa forma de entender a presenza e actividade na cidade e na Área Metropolitana", destacando a coordinación entre ámbalas institucións: "somos entidades cooperativas que buscamos un mesmo fin: o crecemento económico deste territorio".

O rexedor sinalou a industria como o "núcleo central" dos orzamentos de Zona Franca que ten como primeiro obxectivo "atender ao solo industrial e o desenvolvemento do polígono industrial de Balaídos, detrás de Citroen, que adquire rango de prioritario, fundamental e urxente; hai que facer fronte á competencia que sitúa industrias fóra da cidade e do país e iso require actuar". Recalcou Caballero que é "urxentísima" a xeración de solo industrial xa que "cada ano que pasa é unha oportunidade de negocio que perdemos en Vigo".

En segundo lugar, o alcalde sinalou o desenvolvemento do ámbito do World Car Center, como centro de negocios na cidade así como a actuación no conxunto da cidade, liberando espazo de Zona Franca e levando a sede da entidade ao centro de cidade, "unha operación de visibilidade e rendibilidade". Amais, puxo en valor que a Panificadora será "realidade de forma inmediata. Presentaremos o proxecto proximamente; vaise resolver unha ferida e pegada na cidade de máis de 50 anos e vai resolverse en interese da cidade e de Zona Franca".

No ámbito da responsabilidade social corporativa, resinou Caballero o proxecto da nova sede de Down Vigo que asume Zona Franca e esixiulle ao Consorcio do Casco Vello que "doe de forma inmediata o ámbito para o desenvolvemento social". Amais, mencionou os proxectos parados que se completan como Porto do Molle ou a PLISAN "para buscar novos espazos ou ou a Cidade do Transporte".

Para o delegado de Zona Franca estas cifras de investimento constitúen "os presupostos máis ambiciosos da historia da Zona Franca xa que, ademais, se elevan, tomando o período dos catro anos de mandato a 340 millóns, o que situará a Vigo como indiscutible capital económica da Eurorrexión".
1564503308zf.jpg
1564503337zonafrancaok.jpg
Descargar todas as imaxes