Escoitar

O Concello ofrece no Vao e Samil un sistema de baño adaptado a persoas con discapacidade

O alcalde visitou este luns en Samil o dispositivo de accesibilidade, composto por cadeiras e muletas anfibias que posibilitan, coa axuda dun equipo de cinco profesionais, o baño das persoas con mobilidade reducida, ademais do acceso e saída dos areais. No 2018 se facilitaron uns 500 baños grazas a este servizo municipal.

luns, 8 xul 2019
1562590623080719Samil_02.JPG
Segundo explicou Abel Caballero, o servizo é gratuíto e está dispoñible durante os meses de xullo e agosto en horario de mañá e tarde (de 11 a 14h e de 16 a 20 horas).

Este dispositivo municipal ofrece aos usuarios o baño adaptado con cadeiras anfibias ou con muletas, apoio para acceder e saír das praias e a cesión do material ás entidades que conten con técnicos propios. O equipo está composto por cinco profesionais, que, xunto ás cadeiras e muletas anfibias, contan con grúas hidráulicas para a mobilidade dos usuarios da cadeira de rodas á anfibia, chalecos salvavidas, padiolas e biombos para cambiarse de roupa e carpas con lona parasol, para facilitar unha zona de sombra antes e despois do baño.

O alcalde trasladou algúns datos do uso deste servizo durante o pasado verán, ano no que o equipo municipal prestou case que 1.700 servizos, 1.100 destes en Samil, facilitando uns 500 baños con cadeiras anfibias.
Descargar todas as imaxes