Caballero anima á cidadanía a presenciar o Gran Premio de Teis de ciclismo afeccionado
O XXVIII Gran Premio Ciclista Teis tomará as arterias principais do barrio este domingo (10:30), nesta oportunidade para as categorías de base, dende menos de dous e tres anos ata rapazas de 18. O alcalde de Vigo animou á cidadanía a achegarse á contorna do mercado de Teis para "ver a toda a familia do Club Ciclista Teis".
O ciclismo galego de base estará este domingo en Teis. Ata 185 inscritos de vinte e cinco clubs competirán no tradicional circuíto para as categorías de escolas (principiantes, promesas, alevíns, infantís e cadetes), mentres que para os demais (alevíns, infantís, cadetes e júniors) serán voltas a un circuíto de 2,2 quilómetros.
"O CC Teis gañouse a pulso o seu prestixio", dixo o rexedor na presentación, á que acudiron neneos e nenas das categorías de formación da entidade que preside José Antonios Ramos, ademais do concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
Descargar todas as imaxes