O Concello pon á venda este venres, 5 de xullo, as entradas para os concertos de Castrelos
As primeiras entradas dispoñibles serán as do concerto de Lauryn Hill previsto para o 17 de xullo e, de forma progresiva, irán saíndo á venda os tíckets para o resto de citas musicais.
O alcalde destacou que estes concertos serán "os únicos do mundo desta envergadura que son gratis", financiados de forma íntegra polo goberno municipal sen a cooperación da Xunta de Galicia.
Abel Caballero deu conta dos prezos das entradas e dos días nos que se poñen á venda para os diferentes concertos:
-5 xullo, Lauryn Hill. Á venda ata o 17 de xullo ás 22:30 horas. 8 euros anticipado e 10 na fiestra de venda.
-8 de xullo, Leiva, entre 6 e 8 euros, á venda ata o 19 de xullo.
-9 xullo, Tom Jones, ata o 23 de xullo ás 22:30h. Prezos entre 8 e 10 euros.
-10 xullo, Fangoria, prezos entre 6 e 8 euros ata o 24 xullo ás 23 horas.
-11 xullo, Rick Astley, prezos entre 8 e 10 euros. Dispoñibles ata o 26 de xullo ás 23 horas.
-12 xullo, Roger Hodgson, á venda ata o 23 de xullo ás 23 horas con prezos de entre 8 e 10 euros.
-15 xullo, 30 Seconds to Mars, poden adquirirse ata o 1 de agosto ás 23 horas por entre 8 e 10 euros.
-16 xullo, Furious Monkey House, Xoel López e Vetusta Morla, dispoñibles ata o 2 agosto ás 20 horas, por prezos que oscilan entre os 6 e 8 euros.
-17 de xullo, David Bisbal, con prezos entre os 6 e os 8 euros, á venda ata o 8 agosto ás 23 horas.
Ademais, as festas de Vigo teñen programados varios concertos de balde para o público como o da Coral Casablanca que se celebra en Castrelos o 27 de xullo. Os concertos infantís tamén son gratuítos coas seguintes datas: Queenmanía (3 agosto ás 20 horas), O Rei León (5 de agosto ás 20 horas), Shrek, o musical (6 agosto, 20 horas) e Superwings (7 agosto, 20 horas). O rexedor avanzou que haberá un concerto infantil máis, pendente que anunciar.
No referente á forma de venda, as entradas poden adquirirse a través de www.ataquilla.com, mediante venda telefónica a través do número 902 504 500 e nun punto de venda físico, na rúa Policarpo Sanz, 26, en tódolos casos a partir das 10:00 horas da mañá.