Escoitar

O goberno de Vigo dota de material ás Escolas Deportivas, que ofrecen 6.000 prazas en 37 disciplinas

O alcalde fixo entrega este xoves de material para as escolas deportivas de distintas disciplinas deportivas, algunhas das 37 modalidades que o Concello ofrece xunto a case que 60 clubs. A práctica deportiva, subliñou Caballero, está subvencionada polo Concello nun 50%.

xoves, 17 xan 2019
1547732808170119Travesas_01.JPG
No pavillón das Travesas, o rexedor vigués asistiu á entrega de material deportivo para varias das escolas deportivas municipais que promove o Concello. En total, son preto de 6.000 as vacantes das que dispón este programa para 37 disciplinas deportivas distintas, coa participación de 59 clubs.

So en axudas para o funcionamento das escolas deportivas municipais, o goberno de Vigo adica 320.000 euros, que supón subvencionar a metade do custo de cada praza, sen contar co apoio loxístico ou de cesión de espazos, advertiu Caballero.
Descargar todas as imaxes